Achan estruturas atípicas no castro ferrolano de Trolcastro
Coa colaboración do Concello de Ferrol, os traballos no castro de Tralocastro, na parroquia ferrolana de Esmelle, están a ser levados a cabo pola Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial da Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña – Campus de Ferrol. Ao se tratar dun xacemento do estilo dunha estrutura social, pódense atopar determinadas estruturas como cuarteis xerais ou espazos monumentais. Neste caso, están a aparecer estruturas atípicas nos traballos de aqrqueoloxía, como indica o investigador integrado no proxecto Samuel Nión a CulturaGalega.Gal.
As novas construcións achadas no xacemento non seguen a típica formación redonda do interior do castro. O equipo investigador escolleu unha zona que estiman que debe ser a porta do castro, un chan xusto por debaixo desta que se atopa no interior do recinto. Outra importante muralla pecha por debaixo da muralla o poboado fortificado. Na entrevista, Nión apunta “un pavimento” como chave para a interpretación das estruturas.