Achan un posible “forno comunitario” no castro do Sarridal, no concello coruñés de Cedeira
Nos últimos avances na escavación do castro do Sarridal, no concello coruñés de Cedeira, foron descubertos restos de anteriores edificacións previas á sauna galaica xa identificada. Estes, que teñen “intrigado” ao director da intervención arqueolóxica, Emilio Ramil, poderían ter conformado no seu momento un “forno comunitario”. A confirmación da hipótese posibilitaría o coñecemento da extensión deta tipoloxía de construción por todo o territorio galego, xa que actualmente na súa maioría están localizadas no sur da provincia ourensana.
Actualmente os resultados das datacións atópanse pendententes por carbono 14 dos numerosos carbóns do forno, mais Ramil “considera que polo material cerámico localizado esa estrutura é do século IV a.C., algo anterior á construción da sauna”. Máis información en CulturaGalega.gal.