fbpx
Cartaz homenaxe.

Alfonso Zulueta é homenaxeado no Ateneo de Pontevedra

Tempo de lectura: < 1 min.

Este xoves, 19 de decembro, tivo lugar a homenaxe, con motivo do centenario do seu nacemento, a Alfonso Zulueta de Haz no Ateneo de Pontevedra. A cita foi acollida na Casa das Campás e foi o marco da presentación do libro coeditado por Editorial Galaxia, Editorial SEPT e Fundación Penzol Alfonso Zulueta. Unha humanidade vivida.

A publicación acolle o legado, e a humanidade, desta figura de relevancia na cultura e sociedade galegas. Dende a súa participación no Cineclube ou no Ateneo da vila pontevedresta ata a súa labor asociativa en diferentes tecidos, conmemora a labor e implicación de Zulueta coa cidadanía galega e, en especial, a viguesa.

Pode que che interese...