Arqueólogas presentan a canalización soterrada no xacemento de Fondo de Vila de Padrón
O pasado venres, as arqueólogas da empresa DOA Andrea Cabaleiro e Pilar Fernández presentaron os últimos avances nos traballos de investigación e recollida no xacemento de Fondo de Vila, no Concello de Padrón, durante o 2023 e o presente ano. Na conferencia foron explicadas as obras, realizadas nas zonas do cruceiro máis a anexa, así como o descubremento dunha canalización soterrada.
A canle, segundo fontes locais lle indicaron ás arqueólogas durante as xornadas, bordearía a vila polo este dende a rúa Real facendo un percorrido ata a súa desembocadura no río Sar. Máis información en LaVozDeGalicia.es.