As pinturas do xornalista Plácido Castro son amosadas no Museo do Mar de Vigo
O Museo do Mar de Vigo abriu as portas, este 17 de decembro, da exposición ‘Plácido Castro. Unha Galicia soñada’, nada dende a colaboración entre a Consellería de Cultura e a Fundación en honra da figura. A mostra, composta de 82 acuarelas do xornalista e pintor nado en Corcubión, estará aberta ao público ata o 2 de marzo do vindeiro ano. Como elemento completante, será realizada a publicación dun catálogo.
Anxo M. Lorenzo, director xeral de Cultura, foi un dos presentes durante o acto de inauguración da mostra, sobre a que destacou “la sensibilidad por la cultura marinera” que se fai perceptible nesta obra de Castro que, pese a supoñer “su faceta de pintor menos conocida dentro de su trayectoria vital como señalado intelectual del siglo XX“.