Corpus Christi de Ponteareas, novo Ben de Interese Cultural de Galicia acollido no BOE
Este mércores, 5 de decembro, o Boletín Oficial do Estado publica o decreto polo que se declara Ben de Interese Cultural (BIC) do patrimonio inmaterial á festividade relixiosa do Corpus Christi no concello de Ponteareas. A primeira solicitude formal para este recoñecemento foi realizada dende o Concello o 13 de marzo de 1995, que obtivo un informe favorable dos servizos técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, así como da Real Academia de Belas Artes, do Consello da Cultura Galega e outras institucións.
A proposta da declaración de BIC rematou por ser incoada nunha resolución emitida polo Diario Oficial de Galicia, en outubro do 1996, que abriu as portas a unha nova petición na categoría de lugar de interese etngográfico. Por incerteza xurídica, este segundo recoñecemento rematou por caducar e ser arquivado dentro dos procesos existentes. Máis información en GaliciaConfidencial.com.