David Xesteira ou @DescifrandoAHistoria, o contido que “desmitifica os estereotipos ligados ao pasado de Galicia”
“Como tantos outros proxectos”, David Xesteira, ou @DescifrandoAHistoria, plantou o xerme do seu soño profesional durante a pandemia: divulgar. A través das súas redes sociais, ademais de canle de podcast de Spotify, a súa actividade na rede ten unha base afianzada en “desmitificar os estereotipos ligados” ao pasado no territorio galego, ignorado tantas ou máis veces ca negado: “Certos investigadores rexeitan a existencia do Reino de Galicia, pese a todo, a nosa historia non está perdida grazas aos historiadores e historiadores da terra”.
A semente da súa paixón pola historia data “de vello”, a través dunha “moi boa profesora” na súa mocidade que, pese a non poder impartir un currículo centrado no territorio galego, fixo fascinar a Xesteira cos relatos europeos e español. Unha vez comezou a súa formación universitaria, foille posible a este, agora, ciber-relator da historia se achegar ao relato galego, ese mesmo que apunta desatentido: “Non estamos a facer ben a promoción do noso patrimonio: debémonos preocupar por importar, primeiro, e logo exportar”.
Actualmente é o responsable da Biblioteca Pública do Concello de As Neves, onde existen valiosos rastrexos da historia de Galicia que o manteñen ligado ao pasado. Sexa ao respecto da pedra do petróglifo ou do papel do libro, así como a través dunha pantalla ou no cara a cara, Xesteira mantén un discurso difusorio e de esparcemento.
Descifrando As Neves
Xacemento de Porto Maior (Porto Maior, As Neves)
A primeira pedra preciosa da historia de Galicia que salvagarda o concello de As Neves, e que nos é descifrada por Xesteira, trátase do xacemento de Porto Maior: “un dos primeiros de Galicia no que se constata a presenza de seres humanos” e, para moitos outros, un exemplo do suposto “atraso de Galicia” que “viña dende o Paleolítico” polo anacronismo para co sur europeo.
Coto de Altamira ou castro de Taboexa (Taboexa, As Neves)
O castro de Taboexa, exemplo da romanización dun castro galego, é un dos puntos históricos nevenses máis relevantes pola riqueza arqueolóxica coma histórica que conta. Entre as xoias reveladas: unha estatuíña da deidade de Mercurio ou unha lucerna. Sobre o relato albergado: a aprendizaxe por parte dos galegos do tratamento e explotación de minerais. Xesteira cóntanos máis sobre a inserción “á perfección” da Gallaecia “nas rutas comerciais romanas”.