Denuncian desaparición e danos en elementos de “interese histórico alto” en Vigo
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) denunciou en Vigo, no marco dos traballos de obras acometidos no Barrio do Cura, a desaparición do lavadoiro de Poboadores e danos na Fonte da Barroca, considerada a máis antiga na cidade. Foi o xoves pasado cando o voceiro municipal, Xabier P. Igrexas, recolleu e comunicou as queixas vecinais sobre as consecuencias no patrimonio local.
Dende o grupo nacionalista esixen ao goberno municipal unha explicación aos efectos que do proceso de urbanización sobre os elementos catalogados como de “interese histórico alto” segundo o Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEDRI) do Casco Vello.
Os integrantes da formación calificaron de “grave” o desmantelamento completo da peza singular que é o lavadoiro de Poboadores. Máis información en ValminorTV.com.