Desaparecen rochas dun terreo de Cangas acollido no Catálogo de Patrimonio Cultural
As rochas dunha entorna de naves en Ojea, no concello de Cangas, recollida no Catálogo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, desapareceron durante as últimas xornadas. Estas atopábanse nun dos laterais do aparcamento do terreo, xunto a un muro da nave de Iglesias. A “fuxida” deste ben que forma parte do patrimonio industrial, etnográfico e cultural da cidade lígase a unha cesión de Costas á Comunidade de Montes para “a mellora do entorno do Muiño de Fausto.
Sobre o papel do Concello, a alcaldesa Araceli Gestido puxo en manifesto que “esta tramitación e permiso” foi xestionada “entre a Comunidade de Montes, propietaria das pedras e do terreo», co que xustifica o descoñecemento da constancia da entorna en Patrimonio da Xunta así como a posible autorización da cesión. Máis información en MorrazoNoticias.com.