fbpx
Axenda cultural. Fonte: Consello da Cultura.

Galicia en Australia ou centenarios de artistas e publicacións: ocio do Consello da Cultura Galega

Tempo de lectura: < 1 min.

A presente axenda semanal do Consello da Cultura Galega vén marcada polos “nomes propios” de Tino Grandío, Tuto Vázquez ou José Luis Pensado Tomé. Entre as novas entradas ao Álbum de Galicia máis a proxección ou análise de diferentes contidos e formatos, unha das aortas culturais da capital santiaguesa volve facer latexar a cidade así como aumentar as pulsacións noutros puntos de Galicia.

 

Ata o día 15 de decembro, a programación está planificada deste xeito:

  • 11 de decembro (12:00 horas): acollida da publicación El viejo Pancho, de Ribadeo a El Tala pasando por Navia, que afonda na figura e legado de José María Alonso de Trelles e Jarén.
  • 11 de decembro (17:30 horas): presentación dos catro capítulos da serie da TVG “Rosendo Salvado: aventura e misión dun galego en Australia”.
  • 11 de decembro: incorporación da biografía do actor Tuto Vázquez ao Álbum de Galicia.
  • 12 de decembro: xornada en Lugo para a lembranza de Tino Grandío e a súa linguaxe plástica propia, evocadora, totalmente identificable e dunha sensibilidade extraordinaria. O evento conta coa presencia de Miguel Fernandez Cid, Carlos López Bernárdez e Quintana Martelo.
  • 13 de decembro: incorporación do filólogo José Luis Pensado Tomé ao Álbum de Galicia.

Pode que che interese...