fbpx

Nigrán coloca a primeira “Stolpersteine” da memoria en Galicia, en lembranza a un veciño de Panxón asasinado en 1941 en Mauthausen

Tempo de lectura: 2 min.

O Concello de Nigrán colocou este xoves un ‘Stolpersteine‘ en memoria de Jaime Martínez Pereira, veciño de Gaifar (Panxón) asasinado nos campos de concentración nazis en 1941, converténdose no primeiro testemuño coñecido dunha vítima local do Holocausto.

A ‘stolpersteine’ traducido como ‘a pedra de tropezar’, deseñada polo artista alemán Gunter Demning, foi instalada no lugar exacto onde Jaime viviu, na rúa Gaifar. A inscrición recolle a súa traxectoria vital: “Aquí viviu Jaime Martínez Pereira, nacido en 1917, exiliado en Francia, internado en 1940 en Estrasburgo, deportado en 1940 a Mauthausen. Asasinado o 29.12.1941 en Gusen“.

Jaime Martínez Pereira, nacido o 30 de abril de 1917, formaba parte dunha familia humilde de Panxón. Segundo relatou a súa sobriña Elvira Farias, presente no acto, “eran sete irmáns e todos morreron moi novos un deles queimado con tan só 3 aniños”. A súa historia reflicte o destino de moitos españois nos campos nazis: dos 8.500 deportados (300 deles galegos), case o 95% estaban en Mauthausen.

O alcalde de Nigrán, Juan González, salientou o compromiso do Concello coa recuperación da memoria histórica. “É fundamental non esquecer estas barbaries para que nunca máis se repitan”, declarou durante o descubrimento da pedra conmemorativa.

Grazas aos arquivos ITS de Bad Arolsen, coñécense os detalles da traxectoria de Jaime: confinado no Stalag VD de Estrasburgo, deportado a Mauthausen o 11 de decembro de 1940, rexistrado como pescador co número de matrícula 5120, trasladado ao Bloque 20 de Gusen o 8 de abril de 1941 e falecido o 29 de decembro dese ano, supostamente por “neumonía”.

Gusen, o campo torturas atroces aledaño a Mauthausen

Entre o verá de 1940 e finais de 1942, moitos polacos, españoise e xudeus enfermos ou non aptos para traballar nos campos,  foron seleccionados para ser afogados en tinas,  pequenos baldes, etc. Un método barato de extermininio que liberaba ao campo de central de Mauthausen de recibir máis presos para seren asasinados nas cámaras de gas ou coa inxección letal que xeneralmente era aplicada aos nenos e nenas polos medicos das SS.

Sábase que os responsables de practicar estas torturas eran os chamados “kapos” “funktionshäftlinger”; prisioneiros que colaboraban coas SS e a policía dos campos.  Os kapos Hans van Loosen, Kapo Klockmann e “Block-Aeltester” Schroegler especializáronse neste método de matar no campo de concentración de Gusen.

Máis información en Xornal de Vigo

Escrito por

Equipo técnico de Historia de Galicia

Pode que che interese...