fbpx
Casa reitoral de San Xoán de Fecha. Fonte: Lista Roja del Patrimonio Hispana Nostra.
Casa reitoral de San Xoán de Fecha. Fonte: Lista Roja del Patrimonio Hispana Nostra.

Nova aparición de Santiago na Lista Roja del Patrimonio de Hispania Nostra

Tempo de lectura: < 1 min.

Ata o momento, a capital galega, dotada de riqueza patrimonial e recoñecida a nivel internacional polo coidado e mantemento da mesma, contaba cunha entrada na Lista Roja del Patrimonio de Hispania Nostra. Esta era debida ao estado de conservación da antiga fábrica de curtidos San Nicolás, á cal, dende o pasado 26 de novembro, pasou a acompañar a casa reitoral de San Xoán de Fecha, construción do século XVI que conta con escasos casos homólogos en Galicia.

A iniciativa Lista Roja del Patrimonio de Hispana Nostra busca subliñar as situacións de risco de diferentes bens patrimoniais e culturais de toda España. Atópase publicada no seu sitio web, no que tamén ofertan unha Lista Verde. Con respecto á roiba, oferta de cada construción ou enclave en risco información xeral, imaxes e noticias, así como unha descrición concreta dos motivos da súa inclusión.

Na descrición do estado do ben, a listaxe de Hispana Nostra concreta: “Abandono completo, ruina muy avanzada. Se ha producido la caída de forjados interiores y de toda la cubierta. Los muros están desplomados y la vegetación ha invadido el interior”.

Pode que che interese...