O CCG engade ao proxecto “Sextina” unha publicación feminista do Vigo dos 80
Textos orixinais de Luisa Castro ou Margot Chamorro e traducións de poesías e outros fragmentos traducidos ao galego de autoras como Emily Dickinson ou Silvina Ocampo. Este é o contido entre as páxinas do quinto número publicado de As follas de Sísifo que foi recentemente engadido polo Consello da Cultura Galega ao proxecto “Sextina”. A revista retrata o activismo de colectivos minoritarios vencellados á cultura alternativa no Vigo da primeira metade dos anos 80.
A acción de recollida, que inclúe rarezas e documentos descoñecidos do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF), engade así “Por ser muller…” unha das quince edicións totais ás que chegou este monográfico de autoras feministas. Os textos contan cun ton reivindicativo, así como tamén intimista e aborda cuestións políticas como o patriarcado, o sexismo, o exilio…