fbpx
Mosaico de Panxón con temática mariña / Asociación Mosaico de Panxón

O mosaico romano de Panxón empeza o 2025 na casa, en Nigrán

Tempo de lectura: < 1 min.

O 18 de xaneiro de 2025 é a data na que está programado o retorno do mosaico romano de Panxón ao concello de Nigrán. Lo de Nova York e Madrid, e de posibilitar a diferentes públicos o seu desfrute, retorna á casa o ben patrimonial para o cal, como concretaron dende o goberno municipal, será instalada unha musealización inicial deseñada pola empresa Árbore Arqueolóxica.

O Porto do Molle é o enclave no que será artellada a súa exposición mentres, polo momento, non se define un lugar de exposición definitivo. O Concello de Nigrán adquiriu o mosaico logo dunha achega de 40.000 euros, complementada cos 18.000 euros sumados pola Asociación para a Repatriación do Mosaico Romano de Panxón, promotora da súa campaña de repatriación.

Pode que che interese...