fbpx
Fonte: Diócese de Mondoñedo-Ferrol.

O patrimonio sacro da Diócese de Mondoñedo-Ferrol pasará por unha catalogación

Tempo de lectura: < 1 min.

Todo o patrimonio artístico da Diócese de Mondoñedo-Ferrol será catalogado, segundo anunciou o bispo Fernando García Cadiñanos este sábado durante un encontro de Nadal que foi realizado na Domus Ecclesiae de Ferrol. Asemade, a figura relixiosa anunciou a intención de facer un museo propio para a concatedral de San Julián, logo de ser rematadas as obras de reparación da torre sur e fachada programadas para o vindeiro ano.

Parte dos bens propiedade da Diócese son o Cristo da Cadena, o retablo pétreo da basílica de San Martiño de Foz ou os canzorros do mosteiro de O Couto. Máis información en LaVozDeGalicia.es.

Pode que che interese...