O retablo da Virxe dos Desamparados volve á potestade das clarisas pontevedresas
A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural deu, o pasado venres, a autorización do traslado do retablo da Virxe dos Desamparados que ficaba no depósito do convento de Santa Clara da cidade, logo de varias solicitudes este outono por parte das Clarisas de Pontevedra. A Deputación provincial presentara un recurso apuntando a posibilidade de dano da peza durante o seu traslado, argumento desbotado na decisión do organismo da Xunta.
Cesáreo Mosquera, concelleiro de Obras de Pontevedra, foi quen comunicou a decisión recordando que o ben é propiedade da irmandade relixiosa como consta na documentación de compra do cenobio co que conta a casa consistorial. Trala venta do mosteiro, as clarisas deixaran catro retablos do século XVIII no inmoble, cunha custodia por catro anos, ata o 1 de decembro de 2025.