fbpx
Casa Corinde. Fonte: Xornal da Coruña.

O “roubo da Casa Cornide” é trasladado ao Valedor do Pobo

Tempo de lectura: < 1 min.

O próximo 14 de decembro, as 60 entidades que promoven a campaña “Fóra os Okupas da Casa Cornide” teñen convocada a “V Marcha pola Devolución da Casa Cornide”. A agrupación de entidades busca, coa mobilización, continuar a batalla legar para a recuperación do Ben de Interese Cultural, facendo que sexa xestionado seguindo a normativa vixente que atinxe a esta categorización.

Manuel Monge, presidente de Defensa do Común, apoiado por todas estas entidades, vén de entregar polo rexistro da Subdelegación do Goberno na Coruña un escrito dirixido a Ángel Gabilondo, “Defensor del Pueblo”, solicitando que “inste á Xunta para que obrigue á familia Franco a apertura ao público da Casa Cornide catro días ao mes e catro horas, como mínimo, cada día, en cumprimento da Lei de Patrimonio Cultural de Galiza”. Máis información en XornalDaCoruna.gal.

Pode que che interese...