fbpx
A torre de Meira. Foto: Árbore Arqueoloxía

O xacemento de Torre de Meira revela unha nova muralla pertencente ao castelo

Tempo de lectura: < 1 min.

A última intervención arqueolóxica na Torre de Meira, en Moaña, revela a existencia dunha muralla que defende específicamente a parte da torre de homenaxe desta construción, unha fortaleza de orixes baixomedievais. Sobre a comparativa entre as hpóteses e os resultados tras os traballos, o encargado de dirixir a intervención, Benito Vilas, indicou o inesperado de que a torre cinga o  outeiro no que se atopa asentada.

No marco da procura da subida orixinal dende o patio de armas da fortaleza ata a subida orixinal á torre foi revelada a estrutura defensiva. Ademais desta estrutura, a torre de Meira dispuña doutra muralla perimetral que cinguía un perímetro máis amplo.

Pode que che interese...