fbpx
Portada do calendario 2025 da 'National Geographic'.
Portada do calendario 2025 da 'National Geographic'.

Ourense protagoniza o decembro, e todo o 2025, da ‘National Geographic’

Tempo de lectura: < 1 min.

O número do mes de decembro da revista ‘National Geographic’ vén protagonizado polo ben patrimonial ourensano do Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. A través dunha colaboración entre a publicación internacional e Turismo de Galicia, este é tan só unha das outras xoias patrimoniais da provincia que protagonizan o calendario temático de Historia para o entrante 2025 agasallado coa entrega.

O almanaque leva como título “Ourense. Patrimonio, Arte y Paisaje”, coa construción como portada. O Pórtico do Paraíso, da Catedral da cidade ourensana, é a imaxe do mes de xaneiro; febreiro vén acompañado dunha panorámica da Ribeira Sacra, asemade da man dunha fotografía coa celebración do tradicional entroido; o castro de San Cibrao de Lás proclámase centro do mes de marzo na entrega da publicación… Máis información en LaVozDeGalicia.es.

Pode que che interese...