Presentación da obra en galego de Francisca Herrera, primeira muller membro de número da RAG
A Casa Charry, en Oleiros, acolle o vindeiro luns, 16 de decembro, ás 19:00 horas da tarde a presentación da obra en galego de Francisca Herrera y Garrido. O volume, Francisca Herrera y Garrido. Obra en galego, recopila a total produción en galego da traxectoria da coruñesa, finada no 1950. Herrera foi a primeira muller designada membro de número da Real Academia Galega, no 1945, e foille adicado, no 1987, o Día das Letras Galegas.
No acto organizado polo Concello de Oleiros e o máximo representante da normatividade lingüística galega, Víctor F. Freixanes acompaña a Camiño Noia Campos, encargada da edición crítica da obra, así como ao editor da obra e sobriño neto da escritora.