Revalorización e acondicionamento do castro de Montes Claros de A Laracha, en A Coruña
Dende o 2017 non se realizaban traballos de ningún tipo na zona do castro de Montes Claros, no concello coruñés de A Laracha. Dende a Xunta de Galicia e enmarcado no “Plan de intervenciones arqueológicas” da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, foi destinado un investimento de 10.300 euros para a realización de tarefas de revalorización, abranguendo a ampliación da investigación a realizar así como o acondicionamento do terreo protexido datado na época romana.
As labores que se acometeron ata o momento consistiron na determinación da finalidade das construcións localizadas ao pé da entrada do poboado. Co traballo arqueolóxico foi posible o diagnóstico da conservación, musealización e consolidación dos restos arqueolóxicos descubertos. A través de mostras gráficas, foi asemade elaborado un levantamento topográfico de tres dimensións tanto da área de actuación coma das estruturas exhumadas.
Dende o Concello, no espazo foi realizada unha segunda actuación de promoción centrada na investigación da porta monumental, da carretera de entrada e do torreón pertencente á zona este.