fbpx
Fonte: Consello da Cultura Galega.

San Domingos de Bonaval, punto de conmemoración do 75 cabodano de Castelao

Tempo de lectura: < 1 min.

O pasado 7 de novembro, foi constituída unha comisión por diferentes representantes relacionados con tecidos asociados á figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O vindeiro 7 de xaneiro, como concretaron dende a agrupación en referencia á súa programación para celebrar o 75 cabodano do escritor e artista rianxeiro, será realizado un acto cívico en San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela.

As diferentes actividades que completan a axenda, configurada por persoas como a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; o presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas, ou o presidente da RAG, Víctor Freixanes, persegue poñer atención sobre a vixencia e o legado na actualidade da figura.

Pode que che interese...