Tras pasar por Nova York, volve a Nigrán o mosaico romano de Panxón
Grazas á mobilización dun grupo de persoas parte da Asociación para a Repatriación do Mosaico Romano de Panxón, coa colaboración do Concello de Nigrán, o mosaico romano de Panxón está de volta á Península. O elemento, que conta con máis de 1.500 anos de antigüidade, fora trasladado nos anos 70 a Nova York logo de ser descuberto.
Este martes, 10 de decembro, a peza chegou en Madrid, onde a través da Galería Colanghi está exposta ao público antes da volta a Nigrán. Unha vez en territorio galego, o mosaico será musealizado e exhibido. Máis información en CulturaGalega.gal.