fbpx
Horreo. Foto de recurso.

Un horreo centenario de Ourense entre os produtos dunha plataforma de venda de segunda man

Tempo de lectura: < 1 min.

Este martes, 2 de novembro, dentro da rede social “X”, o usuario @MaltratoPaisaxe apuntou a través dun chío a aparición de patrimonio histórico galego como produto á venda dentro da listaxe dunha app de segunda man. Roupa, calzado, complementos… Agora semella comercializable ata a “alma e identidade” dunha familia, así como a historia do territorio que vai vencellada a esta.

Coa etiquetaxe do ítem como “Jardín y exteriores” y “Decoración”, aparece a través dunha pescuda en Wallapop un canastro de rocha da zona de Ourense. O usuario, que pon á construción un valor de 4.000 euros, describe o ben feito artigo como “Hórreo de piedra de un cuerpo para restaurar”.

 

Non sabemos se a venda foi realizada mais, entre os comentarios, aparecen as cinco estrelas doutro usuario coa califación de “perfecta” á acción do vendedor.

Pode que che interese...