fbpx
Mosteiro de Carboeiro. Fonte: Turismo Silleda.

Un paso cara a musealización do mosteiro de Carboeiro, logo da súa cesión ao Concello de Silleda

Tempo de lectura: < 1 min.

Este mércores, 2 de novembro, o bispado de Lugo e o Concello de Silleda asinaron, no marco da igrexa monástica de Carboeiro, a cesión por parte da institución relixiosa do inmoble cunha duración de 25 anos. Polo contexto lexislativo, este proceso resultaba imprescindible para a capacitación, por parte do municipio, a acometer as iniciativas de posta en valor e mantemento do monumento.

Acollidas dentro do marco do plan de sustentabilidade turística de Deza-Tabeirós e financiadas cos fondos do Plan de recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno central, as intervencións consistirán na electrificación do mosteiro e a musealización do cenobio. A execución dos traballos deberá contar, malia a cesión, coa conformidade por parte do bispado lucense.

Pode que che interese...