fbpx
Xisco Feijóo, artista e recuperador de tradición oral.

Xisco Feijóo, recuperador da tradición oral: “A nosa música non é museística, está na rúa e entre a mocidade”

Tempo de lectura: < 1 min.

Intrumentalizar o pandeiro, a pandeireta ou o sacho dun xeito “contemporáneo” sen facer “escuridade ou entorpecer a tradición”. Esta é a premisa do espectáculo “Traer a ferrallada”, así como a do disco ‘Peixe’, de Xisco Feijóo. Durante as súas postas en escena, o artista e recuperador da tradición oral galega aposta pola “participación transversal” do público, de xeito que toda idade e perfil vexa a tradición “como algo propio” e non “do escenario”.

Música e baile galegos: un camiño dende o asociativo ao patrimonial

“Merecido” e “positivo”, adxectiviza, que sería o dotamento da categoría de Ben de Interese Cultural (BIC) para o folclore galego, sexa musicalizado ou coreografiado. Como activo dentro do traballo de recuperación, Feijóo estima un percorrido “centenario dende os antigos cancioneiros do século XIX ata os de Castro Sampedro”.

A promoción e dinamización da nosa tradición artística, realizada para o vigués especialmente dende os diferentes tecidos asociativos do territorio, provoca o salto desta dos “libros para consultas” á rúa e mocidade”.

No vídeo, Feijóo cóntanos máis sobre esta latencia do legado artístico no panorama musical actual así como unha anécdota mostra da persistencia, e incluso mellora, do folclore nas novas xeracións.

Pode que che interese...