Xornada, co arqueólogo Luís López como guía, polo xacemento do túnel de Montefurado no Courel
O Xeoparque Montañas do Courel organiza, para este sábado 14 de decembro, unha xornada de visita comentada aos últimos traballos de acondicionamento e consolidación arqueolóxica realizados no miradoiro do túnel de Montefurado. A asistencia ao roteiro, que pon inicio ás 11:00 horas no desvío da estrada N-120 de acceso ao lugar de Montefurado, non ten custo algún.
O guía será o arqueólogo Luís López, quen dirixiu as actuacións efectuadas nas proximidades ao xacemento, un dos máis importantes relacionados coa minaría aurífera romana no ámbito do noroeste ibérico. Para a realización da actividade foi preciso o acordo entre o Concello de Quiroga e a Xunta de Galicia, incluida no programa de actividades de outono do Xeoparque Montañas do Courel. Máis información en XornalDeLemos.gal.