Tui promove o patrimonio histórico co apoio do Programa 2% Cultural
O Programa 2% Cultural, impulsado polo Goberno de España, está a ter un impacto significativo na recuperación do patrimonio histórico galego. Con máis de 13 millóns de euros investidos, esta iniciativa céntrase na restauración e posta en valor de elementos patrimoniais de gran relevancia en Galicia, sendo Tui, que celebra o 800 aniversario da súa catedral, un dos principais beneficiarios.
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, destacou que o programa busca non só a protección do legado histórico, senón tamén o desenvolvemento dun turismo sostible e a xeración de emprego. ‘O Programa 2% Cultural é unha ferramenta esencial para recuperar o noso patrimonio, ao tempo que dinamiza as economías locais, tanto en áreas urbanas como rurais’, sinalou Blanco.
Proxectos clave en Galicia
Ata o momento, o programa financiou diez proxectos na comunidade galega, cun orzamento inicial de 8 millóns de euros, ao que se engadiron recentemente 4,9 millóns en catro novas iniciativas:
- Restauración da Torre de Andrade en Pontedeume (273.386 euros).
- Rehabilitación da Torre do Reloxo da Catedral de Santiago (1.841.817 euros).
- Posta en valor do xardín botánico e a carballeira de Caldas de Reis (569.562 euros).
- Creación dun arquivo histórico catedralicio e diocesano en Tui, que coincide co 800 aniversario da consagración da catedral.
Tui xa fora beneficiado previamente cunha achega de 600.000 euros destinada á musealización do conxunto catedralicio, reforzando así o seu valor cultural e turístico.
Máis información en Infomiño