A Xunta anuncia a rehabilitación da igrexa de San Pedro de Flariz
A igrexa de San Pedro de Flariz, situada no concello de Monterrei, será obxecto dun proxecto de rehabilitación financiado pola Xunta de Galicia cun investimento de 579.236,63 euros. A intervención, que terá un prazo máximo de execución de sete meses, centrarase na renovación da cuberta, carpintería e outros elementos estruturais para mellorar a conservación deste templo de estilo barroco.
Construída entre 1735 e 1779, a igrexa forma parte do Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia. As obras inclúen a substitución da cuberta con tella curva de zinc para mellorar a impermeabilización e evitar danos na estrutura de madeira. Ademais, renovaranse as carpinterías interiores para garantir unha ventilación adecuada e preservar o interior do templo.
Tamén está prevista a instalación dunha estrutura de madeira laminada de castaño e un habitáculo para albergar o reloxo, que contará cunha estrutura metálica cuberta de zinc. A restauración incluirá as portas de acceso e as melenas das campás, ademais de eliminar o listón da porta lateral sur.
Máis información en La Región