Torpeza ou solidariedade: a verdade oculta tras a retirada da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da UNESCO
Un novo capítulo abriuse esta semana na complexa historia da candidatura a Patrimonio Mundial da Ribeira Sacra. As declaracións do alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida, revelaron unha dimensión ata o de agora descoñecida do proceso que cuestiona a narrativa oficial presentada pola Xunta de Galicia en 2021.
O que inicialmente se presentou como unha retirada estratéxica para “fortalecer” a candidatura resultou ser, segundo Almeida, un acto de sacrificio político por parte de Galicia para favorecer o nomeamento madrileño da Paisaxe da Luz .
“Se non fose por ese xesto, fose imposible que a UNESCO declarase á Paisaxe da Luz como patrimonio cultural” , asegurou Almeida en FITUR, desvelando un pacto que permanecía nas sombras. As súas palabras revelan que a retirada da candidatura galega non foi un mero trámite administrativo, senón unha decisión calculada de cesión.
O propio Almeida recoñeceu a “xenerosidade” da candidatura da Ribeira Sacra ao ceder o seu espazo , un detalle que contrasta radicalmente coas explicacións técnicas inicialmente ofrecidas pola Xunta sobre o aprazamento.
Esta revelación xera múltiples interrogantes sobre a transparencia do proceso. Por que a administración galega non informou publicamente desta decisión de “solidariedade institucional”? Que negociacións precederon a esta retirada?
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presente durante estas declaracións , non desmentiu en ningún momento a versión de Almeida, quen se define como “madrigallego” e aproveitou o escenario de Fitur para facer esta revelación .
Asociacións de defensa do patrimonio e divulgación como O Sorriso de Daniel tamén mostraron públicamente o seu malestar polo sucedido:
A candidatura da Ribeira Sacra, que conta xa con catro recoñecementos patrimoniais , ve así como a súa historia recente tínguese de matices políticos que van máis aló dos criterios estritamente culturais.
Almeida non só destapou un pacto oculto, senón que converteu a súa intervención nun recoñecemento público ao “sacrificio” galego, asegurando que Galicia “non sobra” e prometendo seguir visitando a comunidade.
Un xesto que podería interpretarse como un intento de compensación política por un movemento que, de confirmarse en todos os seus termos, podería considerarse unha postergación forzada dun importante recoñecemento cultural galego.
A Ribeira Sacra, máis aló do seu valor patrimonial, convértese así en escenario dunha complexa negociación política onde a cesión e a estratexia parecen primar sobre a transparencia informativa.

