Oportunidade única para contemplar, e tocar, un dos tres únicos bosques fosilizados intermareais de Galicia
A Praia de Patos (antes Praia D’Abra), en Nigrán, é famosa polo seu ambiente “surfeiro”, as súas impresionantes vistas e solpores coas Illas Cíes de fondo e o seu carácter animado. Pero, ademais das súas ondas e area fina, esta praia esconde un segredo milenario: un dos tres “bosques” fósiles intermareais de Galicia. Un xacemento único que nos transporta a un pasado remoto e nos ofrece unha ventá á prehistoria e á evolución das eras xeolóxicas.
Este “bosque” (a denominación correcta sería turbeira), é visible durante a baixamar nunhas condicións especiais con mareas vivas ou con retirada de area por temporais como acontece estes días. É un conxunto de tocóns, raíces, e sedimentos de árbores que quedaron preservados baixo a area e as rochas durante milleiros de anos. As praias fósiles formáronse hai uns 130.000 anos, cando o nivel do mar estaba cinco metros sobre o actual nivel, pero logo retirouse ata que, hai uns 7.000 anos volveu subir e a area enterrou parte desas árbores.
Toda a noticia completa en Xornal de Vigo