fbpx
Entroido de Budián / RibeiraSacra.org

Os Brancos e O Farranquí: as figuras rescatadas do Entroido de Budián

Tempo de lectura: < 1 min.

O Entroido tradicional da parroquia de San Romao de Acedre, no concello de Pantón (Lugo), volverá celebrarse o domingo 2 de marzo logo de máis de 65 anos desaparecido. A festa, coñecida como o Entroido de Budián, volve á vida grazas ao traballo de recompilación da Asociación Cultural do Entroido de Budián, que iniciou unha intensa investigación sobre a celebración que, ata agora, non contaba con fotos nin documentos históricos que testemuñasen a súa existencia.

Unha tradición reconstruída a través da memoria oral

O traballo de recuperación desta celebración foi un reto, xa que non existían rexistros fotográficos nin documentos oficiais que permitisen coñecer con exactitude como se celebraba. Segundo Lucas, membro da asociación que impulsou a recuperación, o proceso foi “un labor de porta en porta, falando cos veciños máis maiores e preguntando polo Entroido que recordaban dos seus avós”.

“Moita xente xa nin lembraba que houbo un Entroido propio na zona, pero algúns recordaban historias soltas que escoitaran na súa infancia. Preguntando e cruzando información, comezamos a identificar elementos que coincidían en varios testemuños e que formaban parte da tradición”, explicou Lucas.

Ademais, unha veciña realizou debuxos baseados nos datos recompilados, que foron ensinados aos maiores da parroquia para verificar se os traxes e as personaxes eran fieis ás lembranzas da veciñanza. “Foi un proceso de proba e erro, porque no primeiro ano algunhas cousas non estaban totalmente correctas, pero melloramos os detalles cada edición para achegarnos máis ao que realmente era o Entroido de Budián”, engadiu Lucas.

Máis información en Galicia Confidencial

Pode que che interese...