fbpx
Encotro entre Zona Franca e Stonegal / Zona Franca

Stonegal 2025 chega a Vigo: a gran cita da pedra natural

Tempo de lectura: 2 min.

O Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) acollerá do 3 ao 5 de xuño de 2025 a feira Stonegal, un evento que reunirá empresas e profesionais do sector da pedra natural tanto de Galicia como do ámbito internacional. O encontro contará co apoio da Zona Franca de Vigo, que colaborará coa organización para consolidar a feira como unha referencia no sector.

O delegado do Estado na Zona Franca, David Regades, sinalou que a entidade “está encantada de apoiar este evento, que pon en valor unha actividade produtiva esencial en Galicia, xeradora de riqueza e emprego e na que a comunidade autónoma é líder nacional e internacional”. O apoio ao certame responde á importancia do sector da pedra natural, que desempeña un papel fundamental na economía galega.

Stonegal 2025 espera reunir a máis de 3.000 profesionais dos ámbitos da arquitectura, construción e deseño. O evento contará cun espazo expositivo de 15.000 metros cadrados, distribuído en tres pavillóns internacionais, nos que participarán máis de 150 empresas. Segundo a organización, trátase do “principal evento de pedra natural en España”.

A feira servirá como punto de encontro para mostrar tendencias e innovacións no uso da pedra natural en arquitectura e decoración. A cita tamén incluirá foros de debate sobre o deseño de espazos urbanos e o uso sostible de materiais como granito, pizarra e mármore, que seguen a ser protagonistas das novas correntes arquitectónicas.

Innovación e sustentabilidade

Stonegal 2025 non só será unha feira expositiva, senón tamén un espazo de reflexión e diálogo sobre os avances no sector da pedra natural. A sustentabilidade será un dos aspectos clave, con especial atención ás novas tecnoloxías aplicadas á extracción e transformación da pedra.

A organización avanzou que o evento contará coa presenza de expertos e profesionais de referencia, que abordarán os retos e oportunidades do sector no marco da arquitectura moderna e o deseño urbano.

Pode que che interese...