O can espectral da illa de Cortegada: coñece a lenda e misterio do Urco
A mitoloxía galega está chea de seres sobrenaturais que reflexan o medo e as crenzas dun pobo marcado pola brétema, os ríos e o Atlántico. Entre as figuras máis temidas atópase o Urco, unha criatura descrita como un can negro de gran tamaño, con ollos ardentes e un ouvido aterrador que, segundo a tradición, anuncia a morte. A súa presenza está especialmente vencellada á costa galega e ás noites de treboada, cando a escuridade e o vento semellan dar forma ás supersticións.
A figura do Urco ten paralelismos con outras criaturas da mitoloxía europea, como o Barghest en Inglaterra ou os Gabril Hounds en Escocia, todos eles cans sobrenaturais que predicen a morte ou a desgraza. A diferenza destas criaturas, o Urco galego está especialmente ligado ao mundo mariñeiro e á relación ancestral que Galicia ten co mar. Segundo contan os relatos tradicionais, cando alguén escoitaba o seu ouvido ou se cruzaba co seu camiño, estaba en perigo inminente.
A illa de Cortegada, fogar do Urco?
Un dos lugares onde a lenda do Urco ten máis forza é a illa de Cortegada, situada na ría de Arousa e pertencente ao concello de Vilagarcía de Arousa. Os mariñeiros de Carril lembran que os seus avós xa contaban historias sobre o Urco emerxendo das augas da ría en noites de tormenta, arrastrando cadeas e anunciando a morte de algún veciño. Segundo a crenza popular, se alguén escoitaba o seu ouvido procedente da illa, era mellor non saír ao mar ao día seguinte.
Cortegada, cuberta de néboas durante boa parte do ano, tén un pasado cheo de misterio que a converte nun lugar propicio para as lendas. Algunhas versións do mito afirman que o Urco non só presaxiaba naufraxios, senón que chegaba a pasear polas rüas de Carril en noites escuras, deixando pegadas imposibles de seguir ao amencer.
A presenza do Urco non se limita á costa de Arousa. En Santiago de Compostela, hai relatos que falan do seu ouvido ecoando na Praza da Quintana, un lugar rodeado de lendas sobre aparicións e almas en pena.
Na Costa da Morte, o Urco aparece en cantís e praias durante as noites de tormenta. Algúns veciños de Muros e Noia contaban que se podía ver o reflexo do can na auga antes de que alguén falecese. En Redondela, a figura do Urco está presente na tradicional Festa da Coca, onde se representa como un ser vencellado ao dragón mitolóxico.
No interior de Galicia, en zonas como Lugo e a ribeira do Miño, a lenda do Urco vincúlase co río. Contan que, en noites de brétema, o ouvido do can podía escoitarse cruzando as augas, interpretándose como un aviso de morte inminente para alguén da comunidade.
Máis información en Galicia Confidencial