fbpx
Pazo de Lourizán / Galicia Máxica

O pasado, o presente e o futuro do Pazo de Lourizán

Tempo de lectura: 2 min.

A Casa das Campás de Pontevedra acollerá este xoves, ás 20:00 horas, un coloquio titulado ‘O Pazo de Lourizán: historia, patrimonio, ciencia, formación, turismo, negocio?’, organizado pola asociación Maio Longo. O evento ten como obxectivo analizar o pasado, o presente e as perspectivas de futuro deste emblemático edificio pontevedrés.

No encontro intervirán Fina Fernández, investigadora xubilada do Centro de Investigación Forestal de Lourizán; Carmela Alfonso, profesora do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFA) de Lourizán, e Luis Bará, deputado do BNG no Parlamento galego. A presentación e moderación correrá a cargo de Carme Fouces. A entrada é libre ata completar aforo.

Un edificio con máis de cinco séculos de historia

O Pazo de Lourizán ten as súa orixes no século XV, cando a finca foi utilizada como granxa e pertencía á familia Montenegro. A súa historia está marcada pola presenza de persoeiros como Eugenio Montero Ríos, quen adquiriu a propiedade en 1879 e ordenou unha reforma completa a principios do século XX. Foi no seu interior onde se trataron temas de grande relevancia política, como as conversas previas ao Tratado de París de 1898, que marcou a pérda das últimas colonias españolas.

O edificio foi progresivamente transformado, pasando a mans da Deputación de Pontevedra en 1943 e converténdose nun centro de investigación forestal, dependente da Xunta de Galicia dende 1984. Actualmente, a súa situación está en plena redefinición.

Un hotel con encanto en proxecto

A Xunta de Galicia xa está a traballar na redacción dun proxecto de rehabilitación do Pazo de Lourizán para convertelo nun hotel de luxo de 23 habitacións. A previsión é que as obras comecen antes de que remate este ano ou a principios de 2025. O plan inclúe ademais unha zona expositiva para a divulgación do arquivo forestal galego.

O debate sobre este proxecto xérase entre os que ven na restauración unha oportunidade para preservar o inmoble e darlle un novo uso turístico e aqueles que consideran que o pazo debe manter o seu papel como centro de investigación e divulgación ambiental. A combinación de ambos usos está sobre a mesa.

O Pazo de Lourizán conta cunha extensa finca de 54 hectáreas cunha das arboledas máis importantes de Europa, con especies autóctonas e exóticas que testemuñan a súa historia como centro de experimentación forestal. Ademais, conserva elementos arquitectónicos destacados, como un gran invernadoiro modernista de principios do século XX, diversas fontes e un palomar do século XV.

Pode que che interese...