As prazas e os museos de Compostela protagonizan as novas aventuras didácticas dos Bolechas
O Consorcio de Santiago presentou no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes dous novos títulos da coñecida colección infantil Os Bolechas, centrados en achegar aos nenos e nenas o patrimonio histórico da cidade. Baixo os títulos ‘As prazas de Compostela’ e ‘Museos de Santiago’, estas publicacións están escritas por Pepe Carreiro e coeditadas pola editorial Bolanda e o propio Consorcio, a entidade responsable da protección e promoción do patrimonio da capital galega.
O acto de presentación contou coa presenza da alcaldesa e presidenta do Consorcio, Goretti Sanmartín, do xerente da entidade, José Antonio Domínguez, e dos representantes da editorial Bolanda, Antonio Couto e Tomás Valín. Acompañaron a sesión os personaxes Tatá e Braulio, que, como parte do evento, participaron nun xogo coas crianzas asistentes, nun formato inspirado no tradicional quen é quen.
Máis información en La Voz de Galicia