fbpx
Torre de Hércules / foto jacouceCC0

Casa Cornide, Torre de Hércules e Casares Quiroga: lugares con memoria en busca de recoñecemento oficial

Tempo de lectura: < 1 min.

O Concello da Coruña enviou esta semana ao Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática unha solicitude formal para que tres espazos da cidade sexan recoñecidos como Lugar de Memoria Democrática, ao abeiro do establecido pola Lei 20/2022. Os enclaves propostos son a Casa Cornide, a contorna da Torre de Hércules, Punta Herminia e o Campo da Rata, e a Casa Museo Casares Quiroga, segundo informou o propio goberno local.

O concelleiro de Cultura e Turismo e responsable da área de Memoria Histórica, Gonzalo Castro, indicou que o executivo municipal da alcaldesa Inés Rey busca “poñer en valor aqueles espazos simbólicos na loita polos valores democráticos que existen na cidade”, de xeito que a veciñanza poida recoñecelos como lugares vinculados a feitos históricos de relevancia.

Máis información en GaliciaPress

Pode que che interese...