Corsarias galegas: un capítulo esquecido da historia marítima do século XVIII
Durante o século XVIII, en plena loita polo dominio das rutas marítimas entre potencias europeas, o corso converteuse nunha actividade estratéxica para a Coroa española. As patentes de corso, expedidas polo monarca, autorizaban a particulares a armar embarcacións para atacar navíos inimigos en tempos de guerra, obtendo así beneficios a través da captura de mercadorías e buques. Galicia, coa súa ampla costa e portos activos, xogou un papel relevante neste contexto. E nese espazo, tradicionalmente dominado por homes, algúns documentos revelan a intervención de mulleres en diferentes funcións dentro do mundo corsario.
O investigador e historiador Xosé María Leal sinala que “se trata dun tema practicamente inédito”, apenas tratado pola historiografía convencional. As fontes, dispersas en arquivos portuarios e xudiciais, falan de mulleres que non só herdaron negocios tras enviuvar, senón que os lideraron con determinación, establecendo redes comerciais e defendendo os seus intereses en procesos legais complexos.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.