fbpx
Isaac Díaz Pardo traballando nunha das xarras de Sargadelos. Fotografía cedida cortesmente por Xosé Díaz Arias de Castro

Sargadelos pecha a súa planta de produción en Cervo

Tempo de lectura: < 1 min.

O administrador único do grupo Sargadelos, Segismundo García, comunicou por carta a Inspección de Traballo e Seguridade Social que “con data de hoxe mesmo” procédese ao peche da planta de produción da emblemática factoría en Cervo, “ante a imposibilidade de resolver en prazo as deficiencias” que foran detectadas. A medida podería afectar a 200 traballadores tanto da planta de Cervo, como a de Sada.

A misiva datada este mércores e á que tivo acceso Europa Press prodúcese días despois de que o propio Segismundo García instase por carta a Inspección de Traballo a “pechar e precintar” a fábrica tras recibir unha multa de 5.000 euros por 36 deficiencias. As instalacións de Cervo están declaradas Ben de Interese Cultural e na súa carta deste mércores, o administrador de Sargadelos mesmo chega a suxerir que as aproveiten “para acometer un centro de interpretación da cerámica”.

As instalacións de Cervo están declaradas Ben de Interese Cultural e na súa carta deste mércores, o administrador de Sargadelos mesmo chega a suxerir que as aproveiten “para acometer un centro de interpretación da cerámica”.

Pola súa banda, o sindicato comarcal de industria de CC.OO., que mostra o seu apoio “total” ao persoal, rexeita por “incomprensible” o anuncio da decisión do peche, e lembra ao empresario que “o que hai que facer é cumprir” co que indica a Inspección de Traballo e respectar os dereitos laborais “de todos e cada un dos traballadores”.

Máis información en Xornal da Mariña

Pode que che interese...