Documental.- Coñece un dos principais centros culturais..e masónicos.. da historia de Galicia
Fundada en 1847, o Circo de Artesáns é a institución deste estilo máis antiga de Galicia. Milleiros de coruñeses e coruñesas foron socios desta Sociedade conservándoa con orgullo e coidado até os nosos días e converténdoa na entidade deste tipo máis antiga de Galiza. Manuel Murguía, Emilia Pardo Bazán, Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Castelao, Vicente Risco ou Sofía Casanova foron só algunhas das persoas que atravesaron as portas.
No seu interior, relevantes conferencias, célebres concertos e importantes reunións enriqueceron o xa de por si vibrante ambiente intelectual coruñés. A través do documental ‘O Circo de artesáns, o ateneo de Galiza‘, realizado por Nós Televisión para o Circo de Artesáns, percorreranse os seus corredores para palpar os case dous séculos de historia e un legado que esplandece con luz propia.