fbpx
Presos republicanos galegos no campo de concentración nazi de Mauthausen

Galegos na Resisistencia Francesa: “Eran combatentes, xente que loitou, xente que morreu e outros sobreviviron”

Tempo de lectura: < 1 min.

Estes días toda Europa celebrou o fin da II Guerra Mundial, pero aínda hai moitas historias que cómpre rescatar. Esa é a idea de Kike Benlloch, que vén de publicar un interesante artigo, “aberto”, na Revista Nalgures, da A.C. Estudios Históricos de Galicia, sobre a presenza de “Galegos na Resistencia Francesa” (páx.155), nunha edición presentada no Casino o pasado xaneiro.

Neste caso, e quitando o enfoque de vítimas, Benlloch pon o foco en 30 persoas combatentes galegas que estiveron na resistencia francesa. “O meu artigo non vai de vítimas. Estamos acostumados de aproximarnos a esta xente como tal, pero creo que óptica debe ser a de pensarmos en combatentes, de xentes que loitou, xentes morreron e outros sobreviviron, ata acabar liberando Alemaña cos EEUU”, explica.

Debulla as 30 persoas que recolle en dous perfís: “o irregular e autodidacta, que se foi ao monte e se foi unindo á guerrilla; e por outro lado hai militares de carreira, que interviron en accións de combate na IIWW, e outros que participaron en Intelixencia no Norte de áfrica. Estes xa sabían o que se viña enriba, porque xa o viviran en Cambados, Ribeira… e xa sabían o que ía pasar en Francia”, explica. Vía Xornal da Coruña.

Recorte de Dolores Pérez-Tilkin no diário Courrier de L’Ouest, setembro de 1987

Pode que che interese...