Os fielatos: cando o campesiñado galego tiña que pagar polos alimentos que traían ás cidades
Ás dez da mañá do 1 de xaneiro de 1911 partía unha multitudinaria manifestación polas rúas de Vigo. Non é que os habitantes da cidade estivesen aínda celebrando o fin de ano, máis ben, celebraban unha nova situación económica que afectaba a toda a poboación. O Concello de Vigo suprimía aquel día os fielatos, aquel imposto sobre os alimentos que entraban no municipio e que era controlado en postos fixos establecidos en diferentes vías de acceso á cidade.
Entón, a Porta do Sol acolleu a “compactos grupos de labradores” procedentes das parroquias limítrofes. Con eles estaban as músicas de Valadares, Sárdoma e Coruxo. Todos exteriorizaban o seu xúbilo e daban vivas ao alcalde, Diego Santos, e ao Concello, primeiro en Galicia que afrontaba semellante cambio nas relacións das cidades coa súa contorna. Unha hora máis tarde, a praza da Constitución estaba totalmente enche de xente.
Unha medida que non remataría. Tras o inicio da guerra civil volvéronse a implantar estes impostos, que en Vigo permaneceron até mediados da década dos anos sesenta. Pontevedra foi a primeira cidade galega que se liberou definitivamente deste imposto en 1961. Toda a info en La Voz de Galicia