fbpx
Mural que reinterpreta a Santa Uxía, en Ribeira, obra de Novenoel / remitida lasdos.es

Uxía, a Santa da comunidade LGTBI

Tempo de lectura: 2 min.

O artista galego Novenoel acaba de presentar unha nova obra mural de gran formato no marco do proxecto Salmoira, unha intervención artística inspirada na figura de Santa Uxía, patroa da vila de Ribeira, que busca abrir un debate necesario sobre identidade de xénero, memoria histórica e representación simbólica. Un mural que xa abriu o debate sobre a reinterpretación da Santa.

A peza, que ocupa unha fachada de 24 metros na zona de Bandorrio, representa a Santa Uxía nunha barca de pedra flotante, envolta en cordas rotas, boias mariñas e bandeiras. Unha imaxe cargada de simbolismo que apela á liberación das ataduras impostas e á fluidez identitaria. A obra parte dunha historia pouco coñecida. Santa Uxía viviu como home, foi monxe, escapou dun casamento para convertirse en guía e conselleira espiritual ata do seu propio pai e foi recoñecida como mártir e santa despois da súa morte.

Para Novenoel, o muralismo non é só unha disciplina artística senón unha forma de pensamento. As súas obras nacen dun proceso de documentación, intuición e presenza no espazo. ” O bonito do mural é que se crea “in situ” a maxia ten que suceder no lugar, ten que darse no momento, e o contexto ten que aportar na pintura. “, explica. No caso de Ribeira, o artista traballou durante semanas entre chuvias, pausas forzadas e encontros fortuítos coa veciñanza, que interpretaba a obra mentres tomaba forma. Esa exposición permanente forma parte da súa metodoloxía: “o mural constrúese á vista, non se imprime, vese nacer“.

A muller que se fai pasar por abade dun convento

Santa Uxía, coñecida por veces coma Santa Euxenia, Santa Euxea ou Santa Ouxe, foi unha mártir cristiá nada na antiga Roma do século III e finada en Roma ou Alexandría en 258. O seu culto é moi antigo, e tornouse moi popular por relatos de fabulosas milagres espalladas en varias linguas. En Galicia é patroa de numerosas parroquias.

Imaxe de Santa Uxía / Wikipedia

Uxía era filla dun nobre romano convertida en Alexandría ao cristianismo cos seus escravos Proto e Xacinto. Como consagrara secretamente a súa virxindade a Deus, fuxiu da súa casa vestida de home para evitar o seu casamento concertado co mozo Aquilino, fillo do cónsul, e baixo falsa identidade ingresou nun mosteiro masculino. Seguiu finxindo ser home e co tempo chegou a ser abade e a súa sona estendeuse dentro e fóra do convento. Daquela, unha nobre romana chamada de Melanzia intentou seducilo, mais ao ser rexeitada por despeito acusouno de intentar abusar dela. No xuízo, presidido polo seu propio pai, para demostrar a súa inocencia tivo que revelar a súa verdadeira identidade. Tras reencontrar á súa filla perdida o seu pai se convertería tamén ao cristianismo. Foi mandada decapitar polo prefecto de Alexandría Nicezio un 25 de decembro e foi sepultada na vía Latina.

Santa da comunidade LGBT

Actualmente é recoñecida pola moderna comunidade LGBT coma un exemplo de santo transxénero, particularmente reflectida na obra de 1996 de Lorae Parry, Eugenia, sobre unha inmigrante italiana para a Nova Zelandia no século XX que vive como un home.