Vídeo.- Cando Victor Hugo escribiu sobre o “derradeiro rei de Galiza”
Avance final do video documentario dirixido por Manel Cráneo e producido por Demo Editorial. En 1859, o romántico francés Victor Hugo, publica “Le petit roi de Galice”, unha epopea inspirada no rei García II, o derradeiro rei dunha Galiza con autonomía do reino de Castela.
Que aporta esta obra de Victor Hugo? Que hai de certo na historia que conta? Partindo do relato, este documental afonda na realidade histórica de García de Galiza para entender que supuxo a súa figura e contexto no desenvolvemento da historia do país.
O proxecto conta coa publicación da banda deseñada do relato de Victor Hugo “O reiciño de Galiza”. Un guión adaptado por Inacio Vilariño, debuxado por Iván Suárez e con revisión de estilo de Henrique Harguindey, tradutor da obra orixinal a galego. Complétase cunha unidade didáctica dispoñible na sección descargas de www.demoeditorial.com.