O que os incendios matan e reviven: novas estruturas aparecen nun dos maiores castros de Galicia
Un castro enorme, visible a quilómetros de distancia e cunha fonda pegada en todo o territorio. O castro do Castelo Pequeno está ao sueste da aldea de Santigoso, na Mezquita, no límite entre a Galicia actual, Zamora e Portugal. Alí no alto érguese o alto do Castelo, un lugar que é tamén un miradoiro fabuloso sobre todo o concello a 1.254 metros de altitude, en plena Serra da Azoreira. Unha gran fortificación que ardeu nos lumes deste agosto. Unha desgracia enorme para toda unha comarca asolada polas lapas que, con todo, axudou, no caastro, axudou a atopar estruturas ocultas ata agora.
O castro do Castelo Pequeno é un asentamento da fase final da Idade do Ferro (séculos II a.C. – I d.C.) formado por tres recintos fortificados, aproveitando as defensas naturais da montaña. As murallas, feitas en granito, amosan aínda a súa grandeza. Na croa —o recinto superior— chegan a acadar dez metros de altura a pesar dos derrubamentos. No terceiro recinto, cara ao sueste, a muralla mide 4,30 metros de anchura e presenta un sistema construtivo semellante ao doutros grandes castros da comarca de Monterrei. E, precisamente, o que o lume descubriu son novos e incribles estruturas defensivas.
Precisamente, deste castro destacan dous elementos: as súas grandes dimensións, entre 9,5 e 10 hectáreas, e as súas fefensas. De feito é un dos de maiores dimensións de toda Galicia, só por detrás de Santa Trega e a carón de San Cibrán de Lás. Ademais do seu gran perímetro defensivo, no sector norte, que quedaba máis exposto, atópase un campo de pedras fincadas, un elemento defensivo que se atopa nalgúns castros galegos e que dificultaba o avance dos inimigos. Máis info en Galicia Confidencial.

