Un estudo certifica que as mámoas e dólmenes formaban un camiño na paisaxe da Serra do Laboreiro hai 4300 anos
A Serra do Laboreiro é un macizo montañoso situado entre o sur da provincia de Ourense e o norte de Portugal. Esta rexión destaca pola concentración de monumentos funerarios prehistóricos, formando unha gran necrópole de máis de cento cincuenta túmulos. Aínda que este foi un tópico estudado durante décadas, non se lograra recompilar toda a información necesaria ata agora. Aínda así, segue habendo numerosos destes monumentos que permanecen soterrados.
Para comprender mellor a organización territorial dos megalitos, un novo estudo publicado en Journal of Archaeological Science: Reports empregou Sistemas de Información Xeográfica (SIX), estatística espacial e tecnoloxía LiDAR. Esta tecnoloxía emite pulsos láser e ao recibilos de volta é capaz de medir distancias e proporcionar datos precisos sobre a topografía dun terreo. Grazas a isto, localizáronse con exactitude 178 monumentos na serra.
Os resultados concluíron que os factores que se tiveron en conta na construcción e ubicación dos megalitos foron a altitude do terreo, a cercanía con afloramentos rocosos como puntos de referencia, e, en contra da hipótese de que se buscaba unha visión estratéxica do territorio, este informe sinala que tivo máis relevancia a integración dos monumentos na paisaxe natural. Os megalitos da Serra do Laboreiro remóntanse ao ano 4300 antes de Cristo.
Para obter máis información dirixirse a Historia.nationalgeographic.com.

