Unha “cidade romana soterrada” emerxe en Vilar de Barrio tras novos investimentos no Castelo de San Xoán de Bara
O Concello de Vilar de Barrio vén de obter unha nova achega económica de 30.000 euros destinada a continuar cos traballos de investigación, recuperación e posta en valor do conxunto arqueolóxico do Castelo de San Xoán de Bara, un enclave que nas últimas campañas está a ofrecer resultados relevantes para o coñecemento histórico do noroeste peninsular.
A intervención permitirá dar continuidade a unha liña de traballo iniciada en 2021, na que se teñen aplicado técnicas avanzadas de prospección, entre elas o uso de xeorradar, que posibilitou analizar o subsolo do xacemento. Segundo explica o arqueólogo Martiño Vázquez, esta tecnoloxía fixo posible “radiografiar o subsolo do xacemento e revelar a existencia dunha complexa trama urbana soterrada”, que se estendería ao longo de arredor de 16 hectáreas.
Máis información en Faro de Vigo

