Montes Claros / Culturagalega.gal

Montes Claros podería cambiar o que se sabe sobre a morte no mundo castrexo: aparecen posibles tumbas da Idade do Ferro xunto á porta monumental

Tempo de lectura: < 1 min.

A posible identificación dun espazo funerario da Idade do Ferro no castro de Montes Claros, na Laracha, podería abrir unha nova perspectiva sobre unha das grandes incógnitas da arqueoloxía galega: que facían as comunidades castrexas cos seus mortos. O equipo dirixido pola arqueóloga Puri Soto vén de rematar unha nova campaña de escavación no xacemento, na que saíron á luz estruturas que, de confirmarse a interpretación inicial, poderían converterse nun dos primeiros exemplos recoñecidos deste tipo no noroeste peninsular.

A propia directora da intervención evita pechar conclusións definitivas, pero tamén recoñece a relevancia do que apareceu. “Pode que nos equivoquemos. E se nos equivocamos, rectifícase e punto”, sinala. Aínda así, considera que as evidencias localizadas apuntan nunha dirección concreta: un conxunto de posibles tumbas vinculadas á Idade do Ferro situadas xunto á entrada monumental do castro.

O descubrimento produciuse nun espazo xa coñecido por campañas anteriores. A zona atópase preto da porta monumental leste do recinto e sobre o camiño enlousado que daba acceso á croa. Alí xa foran localizadas no pasado dúas tumbas atribuídas a unha fase tardorromana, situadas no interior dunha estrutura circular. Precisamente esa presenza fixo que o equipo decidise volver intervir para coñecer mellor o contexto arqueolóxico.

Máis información en Culturagalega.gal