Documentación histórica do rexistro / HdG

O estado de conservación de rexistros históricos alarma á CIG: “Hai risco potencial de perda documental”

Tempo de lectura: < 1 min.

A CIG-Xustiza trasladou á Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia e ao Ministerio de Xustiza a súa preocupación polo estado de conservación de distintos libros históricos do Rexistro Civil que permanecen custodiados en oficinas e dependencias xudiciais de Galicia. O sindicato solicita unha actuación inmediata para evitar o deterioro progresivo destes documentos e garantir a súa conservación a longo prazo.

Segundo explica a organización sindical, a situación foi detectada tras diferentes visitas realizadas a xulgados galegos, nas que se identificaron problemas que afectan ao estado físico dalgúns destes fondos. Entre as incidencias observadas figuran desgastes asociados ao paso do tempo, deterioracións nas encadernacións, condicións de almacenamento consideradas mellorábeis e riscos de deterioración futura que poderían comprometer a conservación da documentación.

Máis información en Nós Diario

Pode que che interese...