“Queremos paz e pan”, a revolución das mulleres galegas en 1847

Tempo de lectura: 2 min.

Na primavera de 1847, a fame, a carestía e a exportación de gran ao extranxeiro, ocasioanron unha serie de revoltas populares en Galicia. Estos levantamentos, estendidos por cidades e vilas costeiras como Vigo, A Coruña, Santiago, Baiona ou Pontevedra, foron iniciados e impulsados polas mulleres labregas.

As malas colleitas de 1846 e a alza dos prezos dos cereais, especialmente do millo, causaron unha forte crise de subsistencia. Mentres milleiros de familias apenas podían conseguir alimento diario, grandes cantidades de gran continuaban saíndo dos portos galegos cara a outros mercados europeos, especialmente Inglaterra. A sensación de inxustiza social medraba entre as clases populares, que acusaban aos comerciantes de especular coa fame, que se aproveitan da situación e acaparan os alimentos.

A raíz da situación de desesperación, as mulleres proletarias decidiron tomar a xustiza pola súa man. Elas, encargadas de alimentar ás súas familias e insatisfeitas coa acción gubernamental, enfrontáronse aos comerciantes rompendo sacos de millos, impedindindo o embarque do cargamento nos peiraos e o seu amoreamento nos almacéns.

Primeiro levantamento en Baiona

O primeiro levantamento do que se ten constancia foi en Baiona. A prensa da época denominouno como unha “conmoción feminina”. As manifestantes foron descritas con termos como “chusma”, “o fermoso sexo” ou “infelices aldeás”. Grazas a estos titulares, que evidencian o ton paternalista dos medios, pódese atribuír a iniciativa revolucionaria ás mulleres.

En Vigo e Santiago producíronse algúns dos episodios máis intensos, con cargas militares, persoas feridas e incluso falecidas a causa da violencia. En Santiago de Compostela, centos de mulleres se concentraron para protestar contra a compra masiva de cereal por parte dos comerciantes, o que deixaba ás clases populares sen modo de subsistencia. Cando a Garda Civil tratou de dispersalas, elas responderon: Queremos paz e pan.

Para coñecer sobre os episodios de Vigo, A Coruña e outras vilas galegas, visitar o artigo da Agrupación Culturar Alexandre Bóveda.

Pode que che interese...